Primal Scream é unha banda escocesa de rock alternativo formada orixinalmente en 1982 en Glasgow por Bobby Gillespie (voces) e Jim Beattie, e na actualidade baseada en Londres. Hoxe en día está composta por Gillespie, Andrew Innes (guitarra), Martin Duffy (teclados) e Darrin Mooney (batería). Barrie Cadogan xirou e gravou co grupo dende 2006 substituíndo ao guitarrista Robert "Throb" Young tras a súa saída.
A banda actuou entre 1982 e 1984, pero a súa carreira non engalou ata que Gillespie deixou o seu posto como batería en The Jesus and Mary Chain. Primal Scream tivo un papel clave na escena indie pop de finais dos anos 80, pero finalmente moveuse cara a un son distinto, collendo máis influencias psicodélicas e do garage rock, antes de incorporar elementos da música dance. O seu álbum de 1991, Screamadelica, fixo que o grupo chegase ao gran público. A pesar dos múltiples cambios na formación a banda continuou colleitando éxitos e segue xirando e gravando.
Discografía Álbum Ano Selo Sonic Flower Groove 1987 Elevation Records Primal Scream 1989 Creation Records/Mercenary Records Screamadelica 1991 Creation Records, Sire/Warner Bros. Records Give Out But Don't Give Up 1994 Creation Records, Sire Records Vanishing Point 1997 Creation Records, Reprise/Warner Bros. Records XTRMNTR 2000 Creation Records Evil Heat 2002 Sony Records Riot City Blues 2006 Sony Records Beautiful Future 2008 B-Unique Records, Atlantic Records More Light 2013 Ignition Records Chaosmosis 2016 First International, Ignition Come Ahead 2024 BMG
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Grupos musicais de Glasgow Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de indie pop Categoría:Grupos musicais de acid house Categoría:Grupos musicais de rock electrónico Categoría:Grupos musicais de rock psicodélico Categoría:Grupos musicais formados en 1982