Guillerme Fernández García, máis coñecido como Guillerme Fernández, nado o 6 de febreiro de 1969 en Vilagarcía de Arousa, aínda que criado na vila de Nigrán, é un guitarrista, compositor e produtor musical galego.
Traxectoria
Foi membro fundador do grupo Berrogüetto, e parte integrante doutros proxectos paralelos con Xabier Díaz, Espido con Guadi Galego, ou o traballo conxunto aCadaCanto con Guadi Galego, Xabier Díaz e Xosé Lois Romero.
Xunto con Xabier Díaz codirixe o programa Tres peixes voando dende o ano 2006, na Radio Galega.
Con Ricardo de Barreiro presentou en 2013 o espectáculo escénico Sobre o desamor e outras mariconadas.
Traballou coa compañía de teatro Contraproducións na composición da banda sonora de cinco espectáculos teatrais:
O tolleito de Inishmann, baixo a dirección de Cándido Pazó, 2016. Nacidas libres, baixo a dirección de Cristina Domínguez, 2017. Fillos do sol, baixo a dirección de Cándido Pazó, 2017. A compañeira de piso, con texto de Jen Silverman adaptado por Lilian Portela, dirección de Belén Pichel e Cándido Pazó, 2019. A peste, adaptación da obra de mesmo nome de Albert Camus por parte de Cándido Pazó (produción do Centro Dramático Galego), 2022 Entrega en man, adaptación da obra A Behanding in Spokane de Martin McDonagh por parte de Cándido Pazó, 2023
Tamén compón música para publicidade, a destacar as seguintes campañas da empresa alimentaria Vegalsa: Nadal 2017, Verán 2018 e Nadal 2018.
É integrante do grupo De Vacas e forma parte da banda de directo de Guadi Galego.
Traballos publicados
Con Berrogüetto Navicularia, 1996. A cantar con Xabarín, 1998. Cantigas de Nadal, 1999. Viaxe por Urticaria, 1999. Hepta, 2002. 10.0, 2006. Kosmogonías, 2010. O pulso da terra, 2011. Con Guadi Galego Espido, 2005. Benzón, 2009. Con Xabier Díaz Músicas de salitre, 2005. Arrolos de salitre, 2011. Con Guadi Galego, Xabier Díaz e Xosé Lois Romero aCadaCanto, 2012. A rosa d'Adina, 2013, Músicas de Salitre. Outros traballos colectivos Circo Montecuruto, de Os Cempés, 2001. Zume de terra, de Xosé Manuel Budiño, 2004. Canta connosco!, do grupo Migallas. VI Edición de Cantos na maré, 2008. Terra de soños, Fuxan os ventos, 2008 A nena e o grilo, de Magín Blanco, 2010.
Premios
Con Berrogüetto Preis Der Deutschen Schallplattenkritik, premio da crítica alemá ao mellor grupo folk no 1997. Eiserner Eversteiner, premio europeo da música no 1998. Premio AGAPI á mellor banda sonora na película A rosa de pedra no 1999. Premio Opinión outorgado pola crítica galega ao mellor álbum galego no 2002. Finalista do premio ao mellor álbum en galego na VI Edición de los Premios de la Música, outorgado pola Academia de las Artes y las Ciencias de la Música no 2002. Preis Der Deutschen Schallplattenkritik, premio da crítica alemá ao mellor grupo folk no 2002. Nomeamento pola Academia Latina de Artes e Ciencias da Gravación á 3ª edición dos Premios Grammy Latinos no apartado de Mellor Álbum de Música Folk no 2002. Preis Der Deutschen Schallplattenkritik, premio da crítica alemá ao mellor disco de World Music por 10.0 no 2007. Premio Opinión outorgado pola crítica galega ao mellor álbum galego no 2007. Finalista do premio ao mellor álbum en galego na Edición de los Premios de la Música, outorgado pola Academia de las Artes y las Ciencias de la Música no 2007. Premio á mellor canción en galego na XV Edición dos Premios da Música, outorgado pola Academia de las Artes y las Ciencias de la Música no 2011. Premio Martín Códax da Música ao mellor grupo na categoría Folque no 2013. Premio á mellor banda sonora nos Premios Mestre Mateo coa película Inevitable no 2014. Con Espido Premio Opinión outorgado pola crítica especializada ao segundo mellor álbum galego do 2006, por Espido. Con Músicas de salitre Premio Opinión outorgado pola crítica especializada ao terceiro mellor álbum galego do 2006, por Músicas de salitre. Finalista na categoría de mellor canción en galego nos Premios da Academia da música pola canción "Pedra de sal", do álbum Músicas de salitre no 2006. Con aCadaCanto Premio Martín Códax da Música 2014 ao mellor grupo na categoría de Canción de autor. Con De Vacas Premio Martín Códax da Música 2016 ao mellor grupo na categoría de Coros e Grupos vocais. Premio Territorio Violeta na Feira de Teatro de Castela-León (Ciudad Rodrigo) 2018 polo espectáculo "Tour Vacanal 2018", por destacar o percorrido que as artes escénicas fan en favor da igualdade.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Berrogüetto. O pulso da Terra, 2011, Editorial Galaxia. Ligazóns externas Páxina web de Berrogüetto Páxina web de De Vacas
Categoría:Nados en Vilagarcía de Arousa Categoría:Nados en 1969 Categoría:Guitarristas de Galicia Categoría:Compositores de Galicia