Up the Bracket é o álbum de estrea da banda inglesa de indie rock The Libertines, editado o 14 de outubro do 2002 a través do selo Rough Trade Records. O disco chegou ao número 35 da lista británica de álbums.

O álbum foi re-editado o 8 de setembro do 2003 cun tema adicional, "What a Waster" e un DVD cos videoclips dos sinxelos "Up the Bracket", "Time for Heroes" e "I Get Along". O álbum marcou o inicio dun rexurdimento da escena rock británica. En abril do 2008 o DJ da BBC Radio 1 Zane Lowe elixiuno como unha das súas obras mestras, pinchando todo o álbum con entrevistas aos membros da banda, seareiros e músicos que foron influenciados polo disco. O álbum recibiu eloxios da crítica e rapidamente foi considerado un dos mellores traballos da década.

Listaxe de cancións

"What a Waster" e "Mockingbird" son temas extra das edicións estadounidense e xaponesa. "What a Waster" é un tema extra da re-edición británica. "Mayday" é un tema extra da edición australiana, xunto con "What a Waster".

Categoría:Álbums de The Libertines Categoría:Álbums musicais de 2002 Categoría:Álbums de estrea