San Xiao de Cebreiro é unha parroquia do concello coruñés do Pino. Segundo o IGE en 2018 tiña 214 habitantes (104 homes e 110 mulleres), o que supón unha diminución respecto do ano 1999 cando tiña 281 habitantes.

Toponimia

O topónimo Cebreiro procede do latín , "lugar onde hai moitos asnos bravos", tamén chamados onagros e "cebros" <(e)quos feros + o sufixo abundancial -arium>.Cabeza Quiles, F (2008): Toponimia de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. Páxs. 326, 428 e 492. ISBN 978-84-9865-892-1

Patrimonio Nela está unha carballeira onde se celebraba a feira do Vinte. Na actualidade aínda se pode ir comer o polbo o día 20 de cada mes. Nesta carballeira hai restos da antiga aldea e da capela de San Sadurniño. Foi unha das localizacións escollidas para a rodaxe da película Divinas palabras, na que participaron como extras moitos dos veciños da parroquia.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Cebreiro

Parroquias do Pino

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares do Pino

Categoría:Parroquias do Pino Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xiao