Enric Casals i Defilló, nado en Barcelona o 26 de xullo de 1892 e finado o 31 de xullo de 1986, foi un violinista e compositor catalán, irmán de Pau Casals.

Traxectoria Comezou a estudar música co sei pai, Carles Casals Ribes. Posteriormente foi discípulo de Rafael Gàlvez e de Mathieu Crickboom, estudou composición no Conservatorio de Bruxelas e foi alumno de Frantisek Suchy en Praga. Fundou o cuarteto de corda Enric Casals. Entre 1919 e 1936, foi violinista e violoncellista da Orquestra Pau Casals, que tamén dirixiu ocasionalmente. Instrumentou pezas do seu irmán Pau, como o oratorio El Pessebre. Tivo de discípulos a Gonçal Comellas, Eduard Bocquet, e Lluís Claret.

Compuxo concertos para violín e violoncello. Tamén e autor dunha vintena de sardanas, que se considera seguen a tradición de garretiana. Como mostra da autoesixencia compositiva de Enric Casals, temos as seguintes palabras: "Eu preguntaría a certos Compositores de sardanas durante a ditadura si son capaces de escribir unha sonata, ou un concerto, ou un poema sinfónico. Si non son capaces de escribir unha obra desta importancia, non son compositores, e se non o son, con que dereito están afeando a nosa danza?".

O mes de xullo de 2011 a súa familia cedeu, mediante a Fundació Pau Casals, 183 documentos do músico e violinista ao Arquivo Nacional de Cataluña.

Obra Concerto para violín Concerto para violoncello e orquestra Suite en Re menor: Homenaxe a Pau Casals (1973), para violoncello

Sardanas A en Juli Garreta (1924), coa melodía de Els Segadors Angoixa (s/d), coa melodía de Els Segadors Barcelona (1976) Catalunya avant (1910), con melodías populares (Rossinyol que vas a França) Dramàtica, composta para orquestra Era una vegada (1935) Festa (1920) La font del Penedès (1954) Heroica (1919), adicada ao seu irmán Pau Íntima (1920) Lleida a la Verge de Granyena (1976), para coro e cobla Lluny...! (1918), escrita en Montevideo La mainada de Sant Salvador (1928), coas melodías do Senyor Ramon e de El General Bum-Bum Montserrat en primavera (1968), sardana de encargo, con melodías de Montserrat La nena galana (1908) La platja de Sant Salvador, é outroe título para a sardana La mainada de Sant Salvador Recordant Conrad Saló, é outro título para a sardana Íntima Sardana de carrer (1927) La sardana dels Tres Reis (1983), para coro e cobla Setembre (1924) Tarragona (1927) Tres amors (1949) Trista (1925) El Vendrell (1948)

Instrumentacións de obras Juny, de Juli Garreta, instrumentada para orquestra sinfónica

Instrumentacións de obras de Pau Casals El cant dels ocells, canción popular catalá harmonizada por Pau Casals Himno das Nacións Unidas El Pessebre, oratorio Sant Martí del Canigó, sardana

Notas

Véxase tamén Bibliografía Enric Casals Pau Casals: dades biogràfiques inèdites, cartes íntimes i records viscuts Barcelona: Pòrtic, 1979 [2a. edición, 1981]

Ligazóns externas Índex das sardanas de Enric Casals.

Categoría:Compositores de Cataluña Categoría:Directores de orquestra de Cataluña Categoría:Violinistas de España Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1892 Categoría:Finados en 1986