Kosmos 8 (Космос 8 en ruso), tamén denominado DS-K-8 e mencionado ocasionalmente como Sputnik 18 en occidente, foi un satélite artificial soviético lanzado o 18 de agosto de 1962 mediante un foguete Kosmos desde Kapustin Yar.

Características Kosmos 8 foi o único satélite da serie DS-k-8. De orixe militar, adicouse á investigación sobre o fluxo de micrometeoritos no espazo próximo á Terra. Reentrou na atmosfera o 17 de agosto de 1963.

Notas

Categoría:Satélites Kosmos