Kosmos 26 (Космос 26 en ruso), tamén denominado DS-MG N°1, foi un satélite artificial soviético lanzado o 18 de marzo de 1964 mediante un foguete Kosmos desde Kapustin Yar.
Características Kosmos 26 foi o primeiro satélite da serie DS-MG de dous que voaron. Foi inxectado nunha órbita inicial de 403 km de apoxeo e 271 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 49 graos e un período de 91,0 minutos.
O satélite pesaba 365 kg e foi deseñado para facer probas sobre sistemas eléctricos de orientación no espazo e facer medicións da magnetosfera terrestre. Xunto co outro satélite da serie DS-MG, Kosmos 49, Kosmos 26 supuxo a contribución da Unión Soviética ó Estudo Magnético Mundial correspondente ó programa internacional IQSY (International Quiet Sun Year). Reentrou na atmosfera o 28 de setembro de 1964.
Notas
Categoría:Satélites Kosmos Categoría:DS-MG