Susan Magdalane Boyle, nada en Blackburn (West Lothian) o 1 de abril de 1961, é unha cantante escocesa que acadou unha gran fama internacional cando apareceu como concursante no programa de televisión da ITV Britain's Got Talent o 11 de abril de 2009. Cantou "I Dreamed a Dream" do musical Les Misérables, mais non gañou o concurso e ficou segunda detrás do grupo de baile Diversity.

Traxectoria Antes de cantar na audición, tanto os xuíces como o público demostraban desconfianza pola súa aparencia desleixada e comportamento inseguro. En resposta, despois dunha sorprendente actuación, foi ovacionada polo auditorio e polos xuíces, que aplaudiron de pé. O contraste da súa actuación coa primeira impresión que deu, xerou unha enorme repercusión global. Apareceu nos xornais de todo o mundo e bateu récords de reproducións en vídeos de Internet.

Aínda que non gañou o programa, asinou un contrato co selo discográfico Sony Music, e o 23 de novembro de 2009 saíu o seu primeiro álbum musical, I Dreamed a Dream. Converteuse no álbum de debut máis vendido da historia do Reino Unido, superando o récord de Leona Lewis co seu disco Spirit, e tamén estebeleceu o récord de vendas dun álbum debut na súa primeira semana, segundo a Official Charts Company. No seu primeiro ano de fama, Boyle gañou 5 millóns de libras co lanzamento de I Dreamed a Dream e os sinxelos "I Dreamed a Dream" e "Wild Horses". O éxito continuou no seu segundo traballo, The Gift (2010), que acadou os primeiros postos das listas de vendas do Reino Unido e tamén dos Estados Unidos de América en dúas ocasións no mesmo ano. O seu terceiro álbum saíu o ano seguinte, Someone to Watch Over Me (2011).. The others are the Beatles and Monkees. Tamén sacou os álbums Standing Ovation: The Greatest Songs from the Stage (2012), Home for Christmas (2013), Hope (2014), A Wonderful World (2016) e Ten (2019).

O 12 de maio de 2012, Boyle volveu ao programa Britain's Got Talent como convidada para interpretar "You'll See" na gran final. Ao día seguinte, interpretou a canción "Mull of Kintyre" no castelo de Windsor.

Boyle é coñecida por dar o seu apoio a varias causas benéficas e participou nos eventos BBC Children in Need e Comic Relief. En 2013, Boyle vendera arredor de 19 millóns de copias en todo o mundo e foi candidata a dous Premios Grammy. Boyle ten publicados oito álbums, entre os que se inclúen dous de Nadal, Home For Christmas e A Wonderful World. En 2019 celebrou dez anos como artista coa publicación dun álbum recompilatorio titulado Ten e unha xira.

En 2021 estimábase que Boyle vendeu arredor de 19 millóns de discos.

Discografía Álbums musicais I Dreamed a Dream (2009) Wild Horses I Dreamed a Dream Cry Me a River How Great Thou Art You'll See Daydream Believer Up to The Mountain Amazing Grace Who I Was Born to Be Proud The End of the World Silent Night The Gift (2010) Perfect Day Hallelujah Do You Hear What I Hear? Don't Dream It's Over The First Noel Holy Night Away In A Manger Make Me A Channel Of... Auld Lang Syne O Come All Ye Faithful Someone to Watch Over Me (2011) Standing Ovation: The Greatest Songs from the Stage (2012) Home for Christmas (2013) Hope (2014) A Wonderful World (2016) Ten'' (2019)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial Facebook oficial Twitter oficial Vídeo da audición de Susan Boyle

Categoría:Cantantes de Escocia Categoría:Músicos de Escocia Categoría:Nados en 1961 Categoría:Nados en Escocia