Samuel Galindo Suheiro, nado en Santa Cruz de la Sierra o 6 de xuño de 1981, é un futbolista profesional internacional boliviano que xoga como centrocampista no Arsenal da Premier League.

Traxectoria Samuel Galindo debutou na tempada 2008 na segunda división boliviana, xogando no Club Real América, onde permaneceu até a tempada 2009-10, sendo o xogador máis destacado do equipo, e converténdose na gran promesa do seu país, e nunha das maiores de Suramérica, chamando a atención do grandes equipo europeos, entre outros o Real Madrid ou a Fiorentina.

En decembro de 2009 decide marchar a probar en equipos europeos, entre os cales estaban o Everton e o Arsenal, clubs que militan na Premier League inglesa. Convenceu a ambos equipos, mais finalmente é o equipo londiniense o que se fai cos seus servizos, pagando algo máis de 500.000 de libras.

Debido á lexislación inglesa Galindo non podía xogar en Inglaterra debido á súa mocidade, polo que o Arsenal decide ceder ao xogador, polo que peleán equipos como o Osasuna e o Racing de Santander de Primeira División española, e o galego Celta de Vigo da Segunda División, pero é finalmente a UD Salamanca, que tamén xoga na Segunda, quen consegue a súa cesión, posteriormente sería ao Gimnàstic. A seguinte tempada comeza a adestrar co Club Deportivo Lugo, da mesma categoría, finalmente pasando a formar parte do cadro de xogadores do club. O xogador, despois de non ter moitas oportunidades de xogo, deixa o club o 31 de xaneiro de 2013, última día de mercado de fichaxes de inverno.

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com

Categoría:Nados en 1992 Categoría:Nados en Santa Cruz de la Sierra Categoría:Futbolistas de Bolivia Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Arsenal FC Categoría:Xogadores da UD Salamanca Categoría:Xogadores do Gimnàstic de Tarragona Categoría:Xogadores do CD Lugo Categoría:Xogadores do Club Jorge Wilstermann Categoría:Xogadores do Oriente Petrolero Categoría:Xogadores do Associação Portuguesa de Desportos Categoría:Xogadores do Sport Boys Warnes Categoría:Xogadores do Club Petrolero Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Bolivia