Acontecementos África Jan Riebeeck organiza a colonia do Cabo. Asia Grande incendio en Edo (o actual Tokyo), calculándose que pereceron nel unhas 100 000 persoas. Europa miniatura|esquerda|Frederico Guillerme de Brandeburgo, retrato de G. Flinck, 1652. 19 de setembro - Paz de Welhau - Prusia, até entón un condado de Polonia, ve recoñecida por esta a súa independencia, so a éxida do gran Elector Frederico Guillerme I de Brandeburgo. Preparación dunha nova campaña española sobre Portugal. O almirante británico William Blake apodérase dunha frota española en Santa Cruz de Tenerife. O visir turco, Mehmet Köprülü, ocupa as illas gregas de Lemnos e Tenedos.

Arte e cultura o rei de Etiopía, Fazilidas, reconstrúe a catedral de Axum. Diego Velázquez pinta a Fábula de Aracne, máis coñecida como As fiandeiras. Poussin pinta o Nacemento de Baco. Rembrandt pinta O rabino, actualmente na National Gallery de Londres.

Ciencia e tecnoloxía William Harvey descobre a circulación do sangue. Invención do reloxio de péndulo por Christiaan Huygens. Experimento, en Ratisbona, de Otto von Gericke, que demostra a acción da presión atmosférica. miniatura|175px|dereita|Ilustración de Gaspar Schott, na Mechanica Hydraulico-Pneumatica, Würzburg, 1657, sobre o experimento de O.v. Gericke).

Nacementos 11 de xullo - Frederico I de Prusia (m. 1713) 4 de outubro - Francesco Solimena, coñecido tamén como o Abate Ciccio, pintor italiano (m. 1747) Arai Hakuseki, escritor e político xaponés (m. 1725)

Mortes 3 de xuño - William Harvey, científico inglés (n. 1578). Jakob van Campen, arquitecto holandés (n. 1595). Joachim Jungius, matemático e físico alemán (n. 1587). Frans Snyders, pintor flamengo.

Outros

Historia ano a ano

Categoría:1657