Pelomyxa é un xénero de amebas xigantes do grupo dos Amoebozoa, que xeralmente miden entre 500 e 800 μm pero nalgúns casos poden chegar aos 5 mm de lonxitude. Unha especie notable do xénero é P. palustris; outras especies que foron descritas poden ser sinónimos, ou foron cambiadas ao xénero non relacionado Chaos. Encóntranse nos fondos lodosos de correntes de auga e lagoas.
Características Pelomyxa ten moitos núcleos,Daniels, E.; Pappas, G. (1994). "Reproduction of nuclei in Pelomyxa palustris". Cell biology international 18 (8): 805–812. DOI:10.1006/cbir.1994.1113. PMID 7804157. que van desde dous a varios miles nalgúns raros casos. Unha célula en movemento é de forma cilíndrica, cun só pseudópodo hemisférico na parte anterior e unha proxección semipermanente chamada uroide na parte posterior, a cal está cuberta de pequenos flaxelos non móbiles. Carecen de mitocondrias e doutros orgánulos como peroxisomas e aparato de Golgi. Consome unha ampla variedade de comida, e ten moitos vacúolos que conteñen calquera partícula que fose fagocitada, desde comida inxerida, como diatomeas, ata sedimentos, como area.
Clasificación
A clasificación de Pelomyxa foi suxeito de considerable discusión nas últimas décadas.
Pelomyxa carece de mitocondrias e outros orgánulos que son típicos dos eucariotas e durante unha época críase que tampouco tiña flaxelos e non podía facer a mitose. Como células nucleadas que carecen de "case todas as outras inclusións celulares dos eucariotas", os Pelomyxa foron, durante un tempo, considerados como "proto-eucariotas" superviventes Whatley, Jean M. et al. (abril de 1979). "From Extracellular to intracellular: the establishment of mitochondria and chloroplasts." Proceedings of the Royal Society of London. Series B, Biological Sciences. 204(155):51), que se situaban nalgún punto entre as bacterias e as células modernas. En 1973, propúxose que os devanceiros de Pelomyxa palustris se ramificaron da liña dos eucariotas antes da adquisición das mitocondrias Bovee, E. C., and T. L. Jahn. 1973. "Taxonomy and phylogeny." Pages 38–76 in K. W. Jeon, ed. The biology of amoeba. Academic Press, New York; cited in Roger, Andrew J. (1999) "Reconstructing Early events in Eukaryotic Evolution." The American Naturalist. 154(S4):S147 En 1976, Jean M. Whatley escribiu que Pelomyxa palustris "pode con toda xustiza ser considerado o organismo eucariótico máis primitivo que está vivo hoxe". Como tal, o organismo era un potencial análogo moderno dun eucariota ancestral que, de acordo coa teoría endosimbiótica, incorporou no seu interior un simbionte bacteriano que máis tarde evolucionou á mitocondria das células modernas. A especie sabíase que hospedaba varias bacterias simbiontes. Aínda que a función destas bacterias non estaba clara, Whatley argumentou que podían proporcionar un útil exemplo evolutivo, que indica as "maneiras como puido ter lugar a transformación de bacteria a mitocondria".
En 1982, Lynn Margulis creou a subclase Caryoblastea (ou Pelobiontidae) para as "amebas anaeróbicas que carecen de undulipodios", e asignou Pelomyxa a el como o único membro do grupo. O seguinte ano, Cavalier-Smith incluíu o xénero, xunto con outros varios ameboides amitocondriados "primitivos", nun novo grupo taxonómico: as Archamoebae.Cavalier-Smith, T. 1983. "A 6-kingdom classification and a unified phylogeny." In W. Schwemmler and H. E. A. Schenk (ed.), Endocytobiology II. de Gruyter, Berlin. pp. 1027-1034. As Archamoebae foron, á súa vez, situadas no novo reino Archezoa, xunto con outros eucariotas amitocondriados, as Metamonada e os Microsporidia.
O carácter primitivo de Pelomyxa empezou a poñerse en dúbida en 1988, cando Joe I. Griffin publicou un estudo estrutural de Pelomyxa palustris que indicaba que a especie en realidade posuía flaxelos rudimentarios, e podía facer a mitose. Griffin concluíu que "Pelomyxa nin é primitivo nin diferente das formas relacionadas, unha vez que nos decatamos de que os seus parentes son flaxelados ameboides".Griffin, Joe I. (1988) "Fine Structure and Taxonomic Position of the Giant Amoeboid Pelomyxa palustris." J. Protozool. 35(2):300-315 En 1995, o caso contra o primitivismo de Pelomyxa fortaleceuse cando as análises moleculares revelaron que os antepasados de Pelomyxa palustris probablemente posuían mitocondrias.Morin, L., and J.-P. Mignot. 1995. Are Archamoebae true Archezoa? the phylogenetic position of Pelomyxa sp. as inferred from large subunit ribosomal RNA sequencing. European Journal of Protistology 31:402. Ao final da década, estaba claro que todos os membros das Archamoebae de Cavalier-Smith descendían de células con mitocondrias. Noutras palabras, non eran unha póla temperá de eucariotas "primitivos", senón máis ben "protistas dexenerados" que perderan os orgánulos que os seus devanceiros posuían.
Consecuentemente, Pelomyxa e as outras Archamoebae foron reasignados ao filo Amoebozoa, dentro do subfilo Conosa (no que están tamén os Mycetozoa ou mofos mucosos).T. Cavalier-Smith. A revised six-kingdom system of life. Biological Reviews (1998). 73:203-266. O reino Archezoa foi eliminado completamente.
En 2004 unha engadiuse unha nova especie ao xénero: Pelomyxa corona. Segundo o seu descubridor, aseméllase a Pelomyxa palustris pero presenta, entre outras diferenzas, unha coroa hialina nítida no pseudópodo anterior.
Vídeos miniatura|240px|Pelomyxa palustris en movemento.miniatura|240px|Partículas de area no citoplasma de ''Pelomyxa'.
Notas
Categoría:Amebozoos Categoría:Protistas