Amares é un concello de Portugal situada no Distrito de Braga, na Rexión Norte e subrexión Cávado. O concello conta cunha superficie total de 82 km² e 18.591 habitantes en 2021, dos cales arredor duns 1.500 residen na capital municipal. O concello está dividido en 24 freguesías. Limita ao norte e ao nordeste co municipio de Terras de Bouro, ao sueste con Vieira do Minho e Póvoa de Lanhoso, ao sur con Braga, e ao noroeste con Vila Verde.
O punto máis elevado do concello é o alto de Santa Isabel, con 901 metros de altitude, na freguesía de Santa Marta do Bouro.
Demografía Poboación do concello de Amares (1801 – 2011) 1801 1849 1900 1930 1960 1981 1991 2001 2011 5 411 8 030 12 746 13 878 16 845 16 478 16 715 18 521 18 889
Freguesías Amares está dividido nas seguintes 24 freguesías:
Amares Barreiros Besteiros Bico Caires Caldelas Carrazedo Dornelas Ferreiros Figueiredo Fiscal Goães Lago Paranhos Paredes Secas Portela Prozelo Rendufe Santa Maria do Bouro Santa Marta do Bouro Sequeiros Seramil Torre Vilela
Patrimonio Entre o patrimonio arquitectónico de Amares salientan:
Ponte do Porto Mosteiro de Santo André de Rendufe Santuario de Nosa Señora da Abadía
Persoeiro de sona En Amares naceu o ilustre Gran Mestre da orde dos Templarios, Don Gualdim Pais, fundador das cidades de Tomar e Pombal, así como o cantor e compositor António Variações na freguesía de Fiscal.
Tamén viviu e morreu aquí Sá de Miranda.
Imaxes
miniatura|left|N. Sra. da Abadía – Amares
Notas
Categoría:Concellos do distrito de Braga