Galicia Diplomática foi unha revista editada en Santiago de Compostela entre 1882 e 1893. Historia e características Subtitulada Revista semanal de Archivos y Bibliotecas, Historia, Arqueología, Heráldica, Literatura, Ciencia y Artes, apareceu o 9 de xullo de 1882. Foi a primeira revista histórica de Galicia. Fundada e dirixida por Bernardo Barreiro, entre os seus colaboradores estaban José Villaamil Castro, Alfredo Vicenti, Pablo Pérez Costanti, Pedro Rodríguez, Francisco María de la Iglesia, Eduardo Pondal e Valentín Lamas Carvajal. Tiña unha sección literaria na que se reproduciron cantigas, poemas e biografías. Publicou gravados de Enrique Mayer.
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
Categoría:Prensa escrita de Santiago de Compostela Categoría:1882 en Galicia Categoría:Revistas editadas en Galicia Categoría:Revistas de España desaparecidas