Seán Ó Ríordáin, nado o 3 de decembro de 1916 en Baile Bhuirne (condado de Cork) e finado o 21 de febreiro de 1977 en Cork (condado de Cork), foi un dos poetas en lingua irlandesa máis notábeis do século XX.

Ó Ríordáin ten sido descrito como un "poeta europeo". O choque entre as influencias europeas e contemporáneas coas tradicións irlandesas é un dos conflitos máis recorrentes nos seus traballos. Ó igual que lles ocorreu a tódolos modernizadores da tradición, Ó Ríordáin recibiu un oprobio considerábel por parte dos tradicionalistas, sobre todo da escritora Máire Mhac un tSaoi.

Obra Eireaball Spideoige Brosna Línte Liombó Tar Éis Mo Bháis

Véxase tamén Ligazóns externas TG4 2007 Documental Cuid 1, Cuid 2 e Cuid 3 en YouTube

Categoría:Escritores de Irlanda Categoría:Escritores en lingua irlandesa Categoría:Nados en 1916 Categoría:Nados no condado de Cork