Eugene Luther Gore Vidal, máis coñecido como Gore Vidal, nado en West Point (Nova York) o 3 de outubro de 1925 e finado nos Ánxeles o 31 de xullo de 2012,«Gore Vidal, crítico mordaz del modo de vida americano, fallece a los 86 años» El País. Consultado o 1 de agosto de 2012«Prolific, Elegant, Acerbic Writer» The New York Times. Consultado o 1 de agosto de 2012 foi un escritor, ensaísta, militar, guionista e periodista estadounidense, candidato ao Premio Nobel de Literatura.
Durante gran parte dos últimos anos do século XX, Vidal dividiu o seu tempo entre Ravello (Italia, na Costa Amalfitana), e Os Ánxeles. En 2003, vendeu a súa casa de Ravello para pasar a maior parte do seu tempo nos Ánxeles. En novembro de 2003, morreu o seu compañeiro de moitos anos, Howard Austen. Foron, a súa homosexualidade, así como as súas ideas políticas progresistas, as causas principais da animadversión que xerou nas distintas administracións estadounidenses, sendo obxectivo marcado desde a época do McCarthismo.
Gore Vidal foi socio honorario da Sociedade Nacional Laica. miniatura|260px|Gore Vidal, fotografado por Carl Van Vechten, 1948.
Traxectoria Fillo de Eugene Vidal e Nina Gore, considerados membros da chamada aristocracia dos Estados Unidos, e vinculados ao Partido Demócrata, naceu na famosa Academia Militar dos Estados Unidos (West Point), onde seu pai era instrutor aeronáutico. Posteriormente, Vidal adoptou como nome propio o apelido do seu avó materno, Thomas P. Gore, quen fora senador demócrata por Oklahoma.
De neno levárono a Washington, D.C., onde estudou no colexio St. Albans. Seu avó Gore estaba por entón cego, e o mozo Vidal líalle en voz alta, ademais de exercer frecuentemente como guía seu, o que lle deu acceso aos corrillos do poder (algo pouco usual para un rapaz). O non-intervencionismo do senador Gore foi desde aquela unha das bases fundamentais da filosofía política de Vidal, quen sempre foi crítico co que el percibiu como «imperialismo estadounidense».
Tras a súa graduación na Phillips Exeter Academy, Gore alistouse na reserva do Exército dos Estados Unidos en 1943.
Obras Ensaio e non ficción Rocking the Boat (1963) Reflections Upon a Sinking Ship (1969) Sex, Death and Money (1969) Homage to Daniel Shays (1973) Matters of Fact and of Fiction (1977) The Second American Revolution (1982) Armageddon? (1987) At Home (1988) A View From The Diner's Club (1991) Screening History (1992) Decline and Fall of the American Empire (1992) United States: essays 1952–1992 (1993) Virgin Islands (1997) The American Presidency (1998) Sexually Speaking: Collected Sex Writings (1999) The Last Empire: essays 1992–2000 (2001) Perpetual War for Perpetual Peace or How We Came To Be So Hated (2002) Dreaming War: Blood for Oil and the Cheney-Bush Junta (2002) Inventing a Nation: Washington, Adams, Jefferson (2003) Imperial America: Reflections on the United States of Amnesia (2004) Point to Point Navigation: A Memoir (2006) The Selected Essays of Gore Vidal (2008) Gore Vidal: Snapshots in History's Glare (2009)
Teatro Visit to a Small Planet (1957) The Best Man (1960) On the March to the Sea (1960-1961, 2004) Romulus (1962) Weekend (1968) Drawing Room Comedy (1970) An evening with Richard Nixon (1970)
Novela
Williwaw (1946) In a Yellow Wood (1947) The City and the Pillar (1948) The Season of Comfort (1949) A Search for the King (1950) Dark Green, Bright Red (1950) The Judgment of Paris (1952) Messiah (1954) A Thirsty Evil (1956) Julian (1964) Washington, D.C. (1967) Myra Breckinridge (1968) Two Sisters (1970) Burr (1973) Myron (1974) 1876 (1976) Kalki (1978) Creation (1981) Duluth (1983) Lincoln (1984) Empire (1987) Hollywood (1990) Live from Golgotha: The Gospel according to Gore Vidal (1992) The Smithsonian Institution (1998) The Golden Age (2000) Clouds and Eclipses: The Collected Short Stories (2006) (relatos curtos, cos mesmos que A Thirsty Evil (1956), pero cun conto antes non publicado, Clouds and Eclipses)
Obra baixo pseudónimo A Star's Progress (tamén coñecida como Cry Shame!) (1950) como Katherine Everard Thieves Fall Out (1953) como Cameron Kay Muerte en la noche (1953) como Edgar Box. Edhasa, 1986. ISBN 84-350-4002-X Muerte en la quinta posición (1954) como Edgar Box. Edhasa, 1986. ISBN 84-350-4000-3 Death Likes It Hot (1954) como Edgar Box
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Mundoarabe.com - Soñando la guerra Voltairenet.org - Bush, el presidente más tonto y peligroso de EEUU Bush, golpista que demolió la Constitución: Vidal Entrevista The Independent UK 2009
Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores LGTB dos Estados Unidos de América Categoría:Dramaturgos dos Estados Unidos de América Categoría:Ensaístas Categoría:Novelistas dos Estados Unidos de América Categoría:Guionistas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados no condado de Orange, Nova York Categoría:Nados en 1925 Categoría:Membros da Academia Estadounidense das Artes e das Letras Categoría:Finados en 2012 Categoría:Estadounidenses de ascendencia romanche Categoría:Estadounidenses de ascendencia suíza Categoría:Estadounidenses de ascendencia austríaca