dereita|miniatura|Placa na casa onde viviu, Monforte de Lemos. Manuel Hermida Balado, nado en Ourense o 11 de xuño de 1899 e finado en Monforte de Lemos o 14 de setembro de 1988, foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria Fillo de Manuel Hermida Vázquez. Criouse na vila de Monforte de Lemos, estudou no Colexio dos Escolapios. En 1917 iniciou as súas colaboracións xornalísticas escribindo crónicas para La Voz de Madrid e La Voz de Galicia dende Marrocos, onde cumpría o servizo militar. Ao seu regreso a Monforte de Lemos ocupou os cargos de redactor xefe do xornal Alborada e de director da revista La Semana; logo pasou á redacción de El Pueblo Gallego, e á de La Región, e en 1932 estableceuse en Madrid, onde foi representante da fábrica de perfumería Dana e redactor da revista Galicia. Residiu en Madrid ata a súa morte.

Como xornalista colaborou tamén noutros periódicos e revistas como Blanco y Negro, ABC, El Español, La Estafeta Literaria, Vida Gallega, Fotos etc. Foi o cronista oficial de Monforte de Lemos, o primeiro en exercer este cargo, e membro correspondente da Real Academia da Historia. Nos seus últimos anos colaborou en Hispania Nostra e La Voz de Galicia. Finou en Monforte de Lemos o 14 de setembro de 1988 aos 89 anos.La Voz de Galicia, 15-9-1988, p. 56, 60.

Obras Vida del VII conde de Lemos, 1948. La condesa de Lemos y la corte de Felipe III, 1950. Lemos: pequeña historia de un lugar con mucha historia, 1969. Monforte de Lemos, 1987. Recoñecementos

Unha rúa de Monforte de Lemos leva o seu nome.

Vida persoal

Casou en Monforte de Lemos con Purificación de la Fuente López en outubro de 1933,La Voz de Galicia, 6-10-1933, p. 9. e foi pai de María Elena Hermida de la Fuente.

Notas

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Xornalistas de Ourense Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1899 Categoría:Finados en 1988 Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Cronistas de Monforte de Lemos