Les Enfants du capitaine Grant é unha novela do escritor francés Jules Verne publicada en 1868. Utilizando o tema clásico do náufrago, Verne expón a visión dos que sofren a desaparición, e amosa o sentir de dous rapaces pola ausencia do seu pai e a desesperación de non volver velo; é unha telemaquia e a súa estrutura, como a de Viaxe ao centro da Terra, xira arredor de descifrar un documento que dará orixe á viaxe.

Categoría:Obras literarias de 1868 Categoría:Novelas en francés Categoría:Novelas de aventuras Categoría:Novelas ambientadas en Australia