Parénquima é o termo que se usa para designar un tipo de tecido biolóxico que forma a principal masa dos órganos e realiza as funcións metabólicas ou vexetativas típicas do mesmo. O termo utilízase tanto en histoloxía animal coma vexetal.
O termo é unha latinización moderna procedente das palabras gregas παρέγχυμα - parenkhuma, "carne visceral", e παρεγχεῖν - parenkhein, 'infundir' , de para-, 'ao lado de' + en-, 'en' + khein, 'verter' (o tecido que está vertido arredor dos demais).
Parénquima nos animais Nos animais o parénquima forma a parte funcional dos órganos. O termo contraponse a estroma, que se refire á parte estrutural dos órganos, formado principalmente por elementos do tecido conectivo.
Durante o desenvolvemento embrionario dos mamíferos o parénquima da maioría dos órganos orixínase fundamentalmente a partir do ectoderma (cerebro, pel) ou do endoderma (pulmóns, tubo dixestivo, fígado, páncreas). Só uns poucos órganos teñen parénquima de orixe mesodérmica (bazo, riles, corazón). Polo contrario, o estroma de todos os órganos é de orixe mesodérmica.
Exemplos de parénquimas (coas células ou estruturas que forman o parénquima entre paréntese) son: Parénquima cerebral (neuronas e células gliais). Parénquima cardíaco (miocitos). Parénquima renal (nefróns). Parénquima hepático (hepatocito). Parénquima pulmonar (xeralmente se refire só ao alvéolo pulmonar e condutos terminais da árbore bronquial, pero ás veces utilízase nun sentido máis amplo significando calquera forma de tecido pulmonar). Parénquima ovárico (folículos ováricos). Parénquima pancreático (acinos exócrinos formados principalmente polas células acinares pancreáticas, e páncreas endócrino formado polos illotes de Langernhans). Parénquima do bazo (polpa branca e vermella). Parénquima placentario (villi placentarios, que comprenden os vasos fetais e o espazo interviloso materno Aherne, W. & Dunnill, M. S. (1966) Quantitative aspects of placental structure. J Path Bacteriol 91 123-139).
Ademais, no cancro, denomínase parénquima ás células mutantes cancerosas dunha soa liñaxe, e estroma ao tecido conectivo circundante e as células asociadas a el.
Parénquima vexetal miniatura|dereita|Parénquima clorofílico. O parenquima é un tecido fundamental vexetal moi versátil, que realiza as funcións vexetativas da planta. Forma o córtex e a medula dos talos e raíces, o mesofilo das follas, a polpa dos froitos, a nucela dos primordios seminais e o endosperma das sementes. As células do parénquima son células vivas e pouco diferenciadas, que permanecen meristemáticas na madurez, o que significa que poden dividirse se reciben os estímulos axeitados (hormonas vexetais, por exemplo). As súas paredes celulares celulósicas son finas e flexibles, e xeralmente teñen forma poliédrica cando están formando os tecidos, aínda que adquiren formas máis esféricas se as illamos. Teñen grandes vacúolos centrais, que lles permiten almacenar auga, regular os ións e almacenar produtos residuais. As células do parénquima poden ter funcións secretoras (por exemplo, nos hidatodos, nectarios e células que tapizan os condutos resiníferos). Tamén poden intervir na reparación de feridas polo seu potencial meristemático de dividirse, o cal tamén se pon de manifesto na formación de órganos adventicios ou na soldadura dos tecidos nos enxertos.
A forma das células do parénquima varía coa súa función. No mosófilo esponxoso da folla, as células do parénquima varían desde case esféricas e colocadas moi soltas deixando espazos intercelulares ata células ramificadas ou estreladas, interconectadas coas veciñas polos extremos das prolongacións formando unha rede tridimensional, como no feixón Phaseolus vulgaris.Jeffree CE, Read N, Smith JAC and Dale JE (1987). Water droplets and ice deposits in leaf intercellular spaces: redistribution of water during cryofixation for scanning electron microscopy. Planta 172, 20-37
Tipos de parénquima vexetal thumbnail|right|Parénquima amilífero na raíz de Ranunculus ficaria miniatura|dereita|Parénquima aerífero.
Parénquima clorofílico ou clorénquima: realiza a fotosíntese. Sitúase nas follas e nos talos verdes. Nas follas pode ter dúas disposicións distintas. Parénquima de barreira: principal tecido que realiza fotosíntese e proporciona alimento á planta. Ten cloroplastos e moitos vacúolos. Non deixa espazos intercelulares. A morfoloxía das células é alongada. Parénquima esponxoso: posúe abundante espazo intercelular, o que lle permite realizar o intercambio de gases (O2, CO2) necesario para a respiración e a fotosíntese. Posúe grandes vacúolos e paredes celulares delgadas. Encóntrase en talos, follas e na porción carnosa das froitas. Parénquima de reserva ou amilífero: almacena determinadas substancias ou nutrientes para a planta, como o amidón, nos plastidios (concretamente nos amiloplastos), e outras substancias como proteínas, graxas, aceites, auga en vacúolos, na propia parede celular ou no citoplasma. É frecuente en raíces engrosadas, sementes (endosperma, cotiledóns), tubérculos engrosados etc. As células que o compoñen son, polo xeral, de maior tamaño ca as anteriores, e non presentan espazos intercelulares. Parénquima acuífero: as súas células teñen un enorme vacúolo cheo de auga e mucilaxe, polo que é característico da vexetación xerófita (plantas que habitan en medios áridos). Parénquima aerífero ou aerénquima ten células moi pequenas que delimitan cavidades cheas de aire (lagoas parenquimáticas). É característico da vexetación hidrófita (que habita en medios acuáticos e, por tanto, pobres en osíxeno). Parénquima vascular: protexe os tecidos condutores (xilema e floema) da planta. Parénquima de recheo: ocupa os espazos libres. A súa principal característica é que as células son todas isodiamétricas.
Notas
Categoría:Histoloxía Categoría:Histoloxía vexetal
fr:Parenchyme#Biologie végétale