O Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados (ACNUR) é o organismo das Nacións Unidas encargado de protexer os refuxiados e desprazados por persecucións ou conflitos, e promover solucións duradeiras á súa situación, mediante o reasentamento voluntario no seu país de orixe ou no de acollida. Ten a súa sede en Xenebra, Suíza, e máis de 250 oficinas esparexidas por todo o mundo. O dereito ao asilo e refuxio está contemplado na Declaración Universal dos Dereitos Humanos do seguinte xeito:
Concedéuselle o Premio Nobel da Paz en dúas ocasións, nos anos 1954 e 1981, así como o Premio Príncipe de Asturias de Cooperación Internacional en 1991.
Concede anualmente o premio Nansen Refugee Award, (coñecido anteriormente como a Medalla Nansen), a individuos ou grupos que destacaran na causa dos refuxiados.
Creación de ACNUR miniatura|left|250px|Sede de ACNUR en Xenebra
O Estatuto da Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados foi adoptado na resolución 428 (V) da Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 14 de decembro de 1950, e iniciou as súas funcións no mes primeiro de 1951, tendo como primeiro decreto o de axudar a reasentar máis dun millón de refuxiados europeos que aínda estaban sen fogar como consecuencia da segunda guerra mundial.
Os antecedentes históricos directos de ACNUR foron:
A designación por parte da Sociedade de Nacións dun Alto Comisionado para os Refuxiados en 1922, Fridtjof Nansen A Administración de Socorro e Rehabilitación das Nacións Unidas (United Nations Relief and Rehabilitation Administration) entre 1943 e 1949, creada para axudar aos refuxiados da segunda guerra mundial (aquí o termo Nacións Unidas fai referencia aos países coñecidos como aliados, non á ONU) Organización Internacional dos Refuxiados (International Refugee Organization), axencia especializada das Nacións Unidas de 1946 a 1952.
A Convención sobre o Estatuto dos Refuxiados de 1951 definiu o concepto de refuxiado e estableceu o tratamento que debe recibir, e o Protocolo de 1967 unificou varias resolucións adicionais para ampliar o marco de actuación de ACNUR e os países adheridos.
Alcance actual miniatura|Paquetes de axuda de ACNUR en Daadab, Kenya, decembro de 2006
Pola expansión das actividades de ACNUR a todo o mundo, e a desprazados dentro dun país ademais de internacionais, o número de persoas que son obxecto de preocupación para ACNUR aumentou considerablemente desde os seus inicios, ao tempo que se acentuou a complexidade do problema do desprazamento forzado. En total, até principios do século XXI, proporcionou asistencia a máis de 111 millóns de refuxiados e desprazados.
A finais de 2009, a poboación total baixo o amparo de ACNUR era de 40 millóns de persoas, en países de todo o mundo. As nacionalidades de orixe da maior parte dos refuxiados ou desprazados son afgáns (2,9 millóns), colombianos (2,5 millóns), iraquís (1,8 millóns), sudaneses (1,6 millóns) e somalís (839.000), sendo os países de acollida principais Colombia (2 millóns), Iraq (1,6 millóns), Paquistán (1,1 millóns), Sudán (1 millón) e Afganistán (960.000).
Persoal de ACNUR
Traballan para ACNUR unhas 7000 persoas por 116 países. Desde principios da década de 1980, ACNUR empezou a traballar con Embaixadores de Boa Vontade, Consultado o 8 de agosto de 2012 isto é, persoas de renome que empregan a súa fama ou acceso aos medios de comunicación para buscar apoios en favor da causa dos refuxiados. Embaixadores de Boa Vontade de ACNUR e ano do seu nomeamento: Barbara Hendricks (cantante clásico), 1987 Adel Imam (actor), 2000 Giorgio Armani (deseñador), 2002 Julien Clerc (cantante), 2003 Osvaldo Laport (actor), 2006 George Dalaras (cantante), 2006 Jesús Vázquez (presentador de televisión), 2007 Muazzez Ersoy (cantante), 2007 Angelina Jolie (actriz) 17 de abril de 2012-presente
Altos comisionados
NomeData António Guterres15 de xuño de 2005-presenteWendy Chamberlin20 de febreiro de 2005– 15 de xuño de 2005, provisionalRuud Lubbers2001– 20 de febreiro de 2005Sadako Ogata1990–2000Thorvald Stoltenbergxaneiro – novembro de 1990Jean-Pierre Hocké1986–1989Poul Hartling1978–1985Sadruddin Aga Khan1965–1977Félix Schnyder1960–1965Auguste R. Lindt1956–1960Gerrit Jan van Heuven Goedhart1951–1956
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina Oficial de ACNUR Estatísticas de ACNUR ACNUR
Categoría:Premio Nobel da Paz Categoría:Premios Princesa de Asturias de Cooperación Internacional Categoría:ONU