Conditions of My Parole é o segundo álbum de estudio da banda estadounidense de rock alternativo Puscifer, editado o 18 de outubro do 2011 a través do selo Puscifer Entertainment. O disco foi producido por Maynard James Keenan, Mat Mitchell e Josh Eustis. Entre os músicos que gravaron o disco están os mencionados Keenan, Mitchell e Eustis ademais de Carina Round, Juliette Commagere, Matt McJunkins, Jeff Freidl, Gil Sharone e Rani Sharone, Jonny Polonsky, Tim Alexander, Devo Keenan, Alessandro Cortini, Tanya O'Callaghan, Sarah Jones e Jon Theodore.
A portada do álbum e o vídeo de "Conditions of My Parole" presentan a Keenan e á humorista Laura Milligan como os personaxes de Billy D. e Hildy Berger, sendo a única vez que a cara completa de Keenan aparece na portada dun álbum de estudio.
Recepción da crítica O álbum recibiu críticas positivas. Gregory Heaney, de AllMusic, describiuno como "unha excelente peza de música con auriculares para tempo frío".
Listaxe de cancións
Notas
Categoría:Álbums de Puscifer Categoría:Álbums musicais de 2011