Ramiro Vieira Durán, nado en Pontevedra en 1873 e finado en Vigo o 16 de abril de 1920,El Diario de Pontevedra, 26-4-1920, p. 3. foi un xornalista e precoz escritor galego en lingua castelá.

Traxectoria Fillo de Francisco Vieira Carballo, procurador e alcalde accidental de Pontevedra, e de Amalia Durán Hermida, Ramiro foi procurador e traballou no Ministerio de Facenda. Foi redactor de El Látigo, colaborou en O Galiciano, A Monteira e A Tía Catuxa, dirixiu o periódico ¡Beso a Vd. la mano!, foi director literario de La Revista Popular (1892) e fundou e dirixiu a revista Ilustración Gallega (1911-1914). Foi presidente da Asociación de escritores gallegos laureados.

Foi correspondente da Real Academia Galega.

Finou de varíola en Vigo en 1920.

Obras Biografía del ilustre marino Excmo. Señor D. Casto Méndez Núñez, 1888 (folletín de Crónica de Pontevedra) Hojas secas, 1892 Pontevedra. Átomos, 1892 Lugo. Tivo edicións posteriores aumentadas. Estudios religiosos y sociales, 1893 Pontevedra.Con prólogo de Emilio Villelga Rodríguez. Píldoras, ejercicios poéticos, 1894 Pontevedra. La cuestión social, 1903 Madrid. Siluetas de las personalidades mas salientes de Galicia, 1907 Vigo.

Vida persoal Casou con Carmen López Mariño.

Biblioteca virtual

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Finados en 1920 Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Nados en 1873 Categoría:Finados por varíola