Carlos Pol Caamaño, nado en Ordes cara a 1862, foi un xornalista e escritor galego.
Traxectoria Fillo de Florencio Pol Ramos. Foi procurador e escribano en Ordes. Republicano, en 1891 fundou a loxa masónica de Ordes. Foi elixido presidente do Comité republicano-progresista do partido de Ordes en 1885.La Voz de Galicia, 14-3-1885, p. 3. Trasladado a Coruña, foi mestre na escola de La Antorcha Galaica del Libre Pensamiento. Dirixiu os periódicos A Fuliada (1888) e Brisas y Tormentas (1900) e colaborou en A Monteira. Foi presidente da Sociedad de composición musical y declamación (1901). Publicou poemas e relatos en galego na revista A Fuliada. En 1901 estreáronse no Salón Lino as súas obras dramáticas nun acto, El amor y el deber, La madre obrera e A caza de microbios.La Voz de Galicia, 21-5-1901, p. 2. En 1904 dirixiu a revista El Argos, órgano da Liga de Amigos da Coruña. Emigrou á Arxentina en 1906.
Obras Edad de locos, 1888 (comedia en verso en dous actos)La Voz de Galicia, 10-10-1888, p. 2.. Sir Wasongtong: Juguete cómico en un acto, en prosa y verso, 1902. Oinegni o los locos del siglo XX: Juguete cómico en cinco cuadros y en verso, 1902. El crimen de la calle de San Andrés.
Vida persoal
Casou con Josefa Crespo e foi pai de Julio, Pastora, Ramiro, Lucila e Pablo Pol Crespo. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Xornalistas de Ordes Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá
Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Masóns de Galicia
Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Ordes Categoría:Nados en 1862 Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes