Os clans escoceses son un estamento social escocés identitario e estruturado, cuxa autoridade máxima en cuestións de heráldica é a figura do Lord León Rei de Armas, un dos Grandes Oficiais de Estado de Escocia.
Símbolos Cada clan ten o seu propio patrón de tartán, de forma xeral dende o século XIX, e os seus membros poden empregar saias, capas, cintas, gravatas, panos e outros artigos de roupa feitos do tartán, que supoñen un símbolo de pertenza.
Tipos Hai clans con xefes e clans sen xefes (armíxeros ou armigerous), un destes últimos é o clan Armstrong. En 1972, Neil Armstrong visitou a localidade de Langholm en Escocia, sede tradicional do clan Armstrong. Armstrong levou un anaco de tartán dese clan na primeira viaxe do home á lúa.miniatura|Localización tradicional dos clans de Escocia.|centro Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Clan
Pobo escocés Bibliografía
Categoría:Historia de Escocia