José María Taboada Lago, nado na Coruña en 1900 e finado en Madrid o 7 de xaneiro de 1979, foi un avogado, xornalista e escritor galego.
Traxectoria Antigo alumno salesiano. Colaborou en El Ideal Gallego. Foi xerente da sucursal do Banco Pastor en Ribadeo (1927-1934). Representante en Galicia da Juventud Católica Española, foi tesoureiro da Federación Católico-Agraria da Coruña e dende 1927 director de Galicia Agraria, o seu órgano. Foi secretario da Junta Central de Acción Católica.
Foi detido nos primeiros días da Guerra Civil en Madrid pero axiña liberado. A finais de 1936 creou a asociación Socorro Sacerdotal e dende o verán de 1938 ata marzo de 1939 contribuíu á organización do Servizo de Información Español. Desempeñou a xefatura deste servizo secreto e foi delegado de Franco na zona republicana. En 1939 Franco concedeulle a Medalla da Campaña, a Cruz Vermella do mérito militar, dúas cruces de Guerra e a encomenda como cabaleiro da orde imperial do Xugo e as Frechas. Foi nomeado membro do Consello Supremo de Falange Española Tradicionalista y de las JONS, cargo do que foi cesado ao ano seguinte polos seus contactos cos monárquicos. Finou en Madrid o 7 de xaneiro de 1979.Necrolóxica en ABC, 9-1-1979, p. 83.
Obras Los caballeros del ideal. Juventud Católica Española, 1928. Serafinillo, 1928. La Acción Católica en España. Las legiones de Cristo avanzan, 1934. El hombre-leyenda, San Juan Bosco. (ensayo psicológico-literario), 1944. Por una España mejor, 1977.
Vida persoal
Foi pai de José María Taboada Blanco. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Un diario del quintacolumnismo Un texto de 1934: Urgencia de cooperar a la Acción Católica
Categoría:Avogados de Galicia Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1900 Categoría:Finados en 1979