miniatura|dereita|Traiñeira de Coruxo na Bandeira Teresa Herrera da Coruña en 2019.
O Club de Remo Coruxo é unha entidade deportiva da parroquia de Coruxo (Vigo) adicada á práctica do remo. A entidade foi fundada en 1989 e actualmente compite na División A da Liga Galega de Traiñeiras (LGT).
Historia O Club de Remo Coruxo fundouse en 1989 como sección do Centro Cultural Recreativo Artístico de Coruxo nunha nave cedida por Guillermo Rey no porto de Canido, iniciando a súa actividade cun grupo de mozos da zona.
Posteriormente trasladou a súa sede a unha nave na Finca Mirambel, onde a instalación foi acondicionada para albergar o ximnasio, os vestiarios, un foxo de remo; e para gardar as embarcacións.
Nas últimas tempadas o club clasificouse en moitas ocasións para a disputa de diversos campionatos tanto a nivel nacional como estatal, acadando resultados importantes tanto en banco fixo como móbil, especialmente neste último co subcampionato de España cadete en 2002.
A traiñeira do club ten participado en tódalas edicións da Liga Galega de Traiñeiras, sendo o seu mellor resultado o 1º posto acadado na tempada 2014.
Frota Actualmente ten: dúas traiñeiras Fontaíña, dúas traiñeiriñas A Calzoa; e os bateis: Foz, Fuchiño, "Baularte", "O Vao" e Coruxo.
Véxase tamén Ligazóns externas Información do club na web da LGT
Coruxo Categoría:Deporte en Vigo Categoría:Coruxo, Vigo