O 5 de abril é o 95º día do ano do calendario gregoriano e o 96º nos anos bisestos. Quedan 270 días para finalizar o ano.

Acontecementos miniatura|150px|Zonas de produción da IXP Pataca de Galicia. 1722 - O explorador holandés Jakob Roggeveen chega á illa de Pascua. 1795 - Fírmase o Tratado de Basilea. 1846 - Os estudantes da Universidade de Santiago alístanse no Batallón Literario e súmanse á revolta galega de 1846. 1879 - Declaración de guerra de Chile ao Perú e comezo da Guerra do Pacífico (1879-1883). 1936 - A revista cultural bilingüe Cultura Gallega comeza a publicarse na Habana. 1936 - Estréase en Madrid o pasodobre Gondomar, do músico galego Germán Lago. 1937 - Sae en Barcelona o primeiro número da publicación galeguista Nova Galiza. 1955 - Winston Churchill renuncia como primeiro ministro británico. 1963 - Conéctase o teléfono vermello. O aparato unía o despacho do presidente estadounidense J. F. Kennedy en Washington, co do líder comunista Nikita Khrushchev en Moscova. 1989 - A Consellería de Agricultura recoñece a Denominación de Produto Galego de Calidade á Pataca de Galicia. 1992 - Independencia de Bosnia. 2005 - Apple presenta o programa "Boot Camp", que permite aos ordenadores Mac con procesador de Intel instalar o sistema operativo Windows XP.

Nacementos miniatura|150px|O marinense Xoán Bernárdez Vilar. 1588 - Thomas Hobbes, filósofo inglés (m. 1679). 1827 - Joseph Lister, médico inglés. Utilizou pola primeira vez a esterilización de instrumentos cirúrxicos (m. 1912). 1836 - Luís Rodríguez Seoane, médico e político galego (m. 1902). 1882 - Ramón Rey Baltar, escritor e xornalista padronés (m. 1969). 1896 - Xosé Ramón Fernández-Oxea, escritor e xornalista nado en Ourense. 1900 - Spencer Tracy, actor estadounidense (m. 1967). 1908 - Bette Davis, actriz estadounidense (m. 1989). 1909 - Jesús Vázquez Gayoso, avogado e político galego (m. 1970). 1916 - Gregory Peck, actor estadounidense (m. 2003). 1923 - Xosé Conde Corbal, pintor e gravador galego (m. 1999). 1923 - Nguyen Van Thieu, presidente de Vietnam do Sur (m. 2001). 1936 - Xoán Bernárdez Vilar, escritor, historiador e ensaísta marinense. 1937 - Colin Powell, xeneral estadounidense. 1942 - Peter Greenaway, director de cine británico. 1946 - Xabier P. DoCampo, escritor e actor rabadense. 1947 - Gloria Macapagal-Arroyo, presidente de Filipinas 1950 - Agnetha Fältskog, compoñente do grupo sueco ABBA. 1955 - Antolín Sánchez Presedo, político betanceiro, deputado no Parlamento Europeo. 1968 - Cristina Sánchez-Andrade, escritora galega en lingua castelá 1971 - Olga Iglesias, veterinaria e política galega. 1975 - Marcos Vales, exfutbolista coruñés.

Mortes miniatura|100px|Charlton Heston. 1875 - Fernando Blanco de Lema, filántropo ceense (n. 1796). 1897 - Francisco María de la Iglesia, xornalista e escritor galego (n. 1827). 1931 - Fernando Soldevilla, escritor e político español (n. 1854). 1964 - Douglas MacArthur, militar estadounidense (n. 1880). 1965 - Antonio Pérez García, músico e político galego (n. 1899). 1967 - Hermann Joseph Muller, xeneticista estadounidense, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (n.1890). 1975 - Chiang Kai-shek, líder militar e político chinés (n. 1887). 1979 - Luís Seoane, editor, escritor, xornalista, gravador e pintor galego (n. 1910). 1981 - Carlos Montenegro Rodríguez, escritor galego (n. 1900). 1994 - Kurt Cobain, roqueiro, Nirvana (n. 1967). 1997 - Allen Ginsberg, poeta estadounidense (n. 1926). 2005 - Saul Bellow, Nobel de Literatura en 1976 (n. 1915). 2008 - Charlton Heston, actor de cinema estadounidense (n. 1924). 2013 - Bigas Luna, director de cinema catalán (n. 1946).

Festas e celebracións

Outros

Santoral: Santos: Vicente Ferrer, presbítero; Claudiano, Alberte de Montecorvino, confesores; Zenón, Dídimo, mártires; Catalina Tomás, Xuliana de Cornillón, virxes; Xerardo, abade.

Os 366 días do ano

05