José Soto Reguera, nado en Lugo o 11 de agosto de 1881 e finado en Madrid o 23 de decembro de 1953, foi un avogado e político galego.

Traxectoria Fillo do notario de Ortigueira Teolindo Soto Barro. Irmán de Leonor Soto Reguera, e tío do actor cómico francés Louis de Funès

Cursou os estudos de bacharelato no Real Colegio de Alfonso XII del Escorial e os de Dereito e Filosofía e Letras na Universidade Libre do mesmo Real Sitio. Foi Director Xeral de Administración Local (1918) e director da Sociedade Hoteles Unidos e conselleiro delegado de Autotrade(Madrid) - 24/12/1953, p. 36 - ABC.es Hemeroteca.

Restauración Militante do Partido Liberal, foi elixido deputado polo distrito de Lugo (1910-1914) e polo de Viveiro (en sucesivas eleccións de 1914 a 1923). Foi subsecretario de Facenda.

Ditadura de Primo de Rivera Avogado da Unión Patriótica. Foi presidente do Ateneo de Madrid de 1926 a 1930Presidentes / El Ateneo / Inicio - Ateneo de Madrid nomeado por Real Orde de 25 de xuño de 1926.

Durante a Ditadura de Primo de Rivera foi membro da Asemblea Nacional Consultiva en dúas lexislaturas: 1927-1928 e 1928-1929.

Segunda República Foi xefe provincial do Bloque Nacional na provincia de Lugo en 1935ABC (Madrid) - 25/12/1935, p. 35 - ABC.es Hemeroteca. Presentouse como candidato do Bloque Nacional pola provincia de Lugo ás eleccións xerais de 1936 dentro da coalición contrarrevolucionaria (xunto a candidatos de Acción Popular, mauristas, agrarios e independentes), sen obter escano.

Notas

Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1881 Categoría:Finados en 1953