El Eco de Tambo foi un xornal editado en Pontevedra entre 1883 e 1884.

Historia e características Subtitulado Diario de Pontevedra, apareceu o 2 de febreiro de 1883. Cambiou o seu subtítulo por Periódico defensor de los intereses morales y materiales. Posteriormente radicalizouse e adquiriu un marcado cariz político, cambiando o subtítulo por Diario de la izquierda liberal. Editado na imprenta de José Millán, estaba dirixido por Emilio Álvarez Giménez. Entre os seus colaboradores figurou Eduardo Vincenti. Cesou a súa edición non antes de outubro de 1884.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra

Categoría:Prensa escrita de Pontevedra Categoría:1883 en Galicia