Charles François de Cisternay du Fay nado en París o 14 de setembro de 1698 e finado o 16 de xullo 1739 foi un físico francés, coñecido en electrostática por diferenciar entre a electricidade positiva e a negativa e tamén por ser o primeiro mordomo do Jardin du Roy (Xardín do rei). De familia prominente con influencia en ambientes militares e eclesiásticos, o seu pai conseguiulle o nomeamento de químico adxunto na Academie des Sciences.
Traxectoria Aínda sen ter unha formación científica Du Fay pronto destacou nos seus experimentos sobre a electricidade ao decatarse dos traballos de Stephen Gray (quen había descuberto o fenómeno da condutividade eléctrica), dedicou a súa vida ao estudo dos fenómenos eléctricos. Publicou os seus traballos en 1733 sendo o primeiro en identificar a existencia de dous tipos de cargas eléctricas (as denominadas hoxe en día positiva e negativa), que el denominou carga vítrea e carga resinosa, debido a que ambas se manifestaban: dunha forma ao fregar, cun pano de seda, o vidro (carga positiva) e de forma distinta ao fregar, cunha pel, algunhas substancias resinosas como o ámbar ou a goma, (carga negativa). Tamén distinguiu entre condutores e illantes e puxo de manifesto a repulsión entre corpos con igual carga eléctrica.
As observacións de Du Fay en electricidade foron escritas en decembro de 1733 e logo impresas no Volume 38 da "Philosophical Transaction of the Royal Society" en 1734.
En xullo de 1739 infectouse de varíola e morreu os poucos días.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Electricidade Historia da electricidade
Categoría:Físicos de Francia Categoría:Persoas relacionadas coa electricidade Categoría:Nados en 1698 Categoría:Finados en 1739 Categoría:Nados en París Categoría:Finados por varíola