Manuel Posada García-Barros, nado en Vigo en 1868 e finado na mesma cidade o 4 de outubro de 1933, foi un avogado e político galego.

Traxectoria Estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Foi vicepresidente da Cámara de Comercio, alcalde de Vigo (1903)Gaceta de Galicia, 28-2-1903, p. 3. e presidente do Partido Liberal vigués, representaba en Vigo a política de Montero Ríos. Promoveu Vigo Liberal e fundou o periódico Heraldo de Vigo (1912-1914). En 1914 presidiu o Círculo Cultural, Mercantil e Industrial de Vigo.

Nas eleccións de 1916 foi elixido deputado polo distrito de Muros. Volveu ser elixido polo mesmo distrito nas eleccións de 1918. Nas eleccións de 1923 foi elixido deputado polo distrito de Illescas (Toledo).

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha no Congreso dos Deputados

Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Alcaldes de Vigo Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1868 Categoría:Finados en 1933