Interkosmos 2 (Интеркосмос 2 en ruso), tamén denominado DS-U1-IK Nº 1, foi un satélite artificial soviético lanzado o 25 de decembro de 1969 mediante un foguete Kosmos 2I desde a base de Kapustin Yar.
Características Interkosmos 2 foi o primeiro membro da serie de satélites DS-U1-IK e estaba adicado ó estudo da ionosfera terrestre e á medición da concentración de electróns e ións positivos na mesma. Tiña forma de cilindro curto de aproximadamente un metro de altura e un metro de diámetro. Nun dos extremos atopábase unha cobertura hemisférica e no outro unha superficie curva coa forma dun cuarto de esfera. Do satélite saían varios apéndices para a instrumentación. A alimentación eléctrica era proporcionada por baterías para evitar as perturbacións electromagnéticas que causaríans as células solares nos instrumentos. O satélite non dispoñía de control de actitude, pero si podía determinala mediante detectores de campo magnético e sensores solares. Os datos podían transmitirse en tempo real ou ser gardados a bordo e das principais estacións de recepción de datos, dúas estaban en Polonia e sete na Unión Soviética. O satélite funcionou durante 56 días, recollendo datos ó longo de 109 órbitas.
Interkosmos 2 estaba enmarcado dentro do programa de colaboración internacional Interkosmos entre a Unión Soviética e outros países e foi inxectado nunha órbita inicial de 1200 km de apoxeo e 206 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 48,4 graos e un período de 98,5 minutos. Reentrou na atmosfera o 8 de xuño de 1970.
Instrumentación Os instrumentos foron proporcionados por Bulgaria, Checoslovaquia, a República Democrática Alemá e a Unión Soviética]]. Consistían nunha baliza ionosférica, sondas esféricas de ións, sondas de temperatura de electróns de alta frecuencia e sondas Langmuir.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos DS-U1-IK Interkosmos 8
Categoría:Satélites Interkosmos Categoría:DS-U1-IK