O distrito de Bukedea é un dos distritos da Rexión Leste de Uganda, chamado así pola súa poboación capital, Bukedea. Segundo o censo do ano 2002 tiña unha poboación estimada de arredor de 122.500 habitantes.

Limita co distrito de Kumi polo oeste e norte, co distrito de Bulambuli polo leste, co distrito de Sironko e o distrito de Mbale polo sueste, e co distrito de Pallisa polo sur.

Foi creado polo parlamento ugandés no 2006 e tornouse operacional o 1 de xullo de 2007. Anteriormente formaba parte do distrito de Kumi. Este distrito, conxuntamente cos de Amuria, Kaberamaido, Katakwi, Kumi e Soroti conforma a subrexión de Teso, lar de dous millóns e medio de persoas das etnias iteso e kumam.

A agricultura de subsistencia e a gandaría son os dous piares económicos do distrito.

Véxase tamén Ligazóns externas Portal do distrito

Bukedea