Ángel García Valerio, nado 1850 en Serantellos (no daquela concello de Serantes) e finado en Ferrol o 24 de xullo de 1935, foi un avogado e político galego. Traxectoria Residiu no Pazo dos Valerio, en Serantes. Os Valerio, como administradores dos Andrade tiñan moitas propiedades na parroquia de Covas.
Membro do Partido Liberal pertenceu a fracción política prietista. Foi deputado provincial polo distrito de Ferrol-Ortigueira dende 1907 ata 1917, foi Vicepresidente da Deputación e formou parte da Comisión de Administración. Nas eleccións de 1918 foi elixido deputado en Cortes polo distrito de Ferrol. Volveu ser elixido nas sucesivas convocatorias electorais ata 1923. Fundador e dono do diario El Faro de Ferrol que ademais entre 1908 e 1913 tivera a titularidade dunha parte do xornal El Correo Gallego que obtivo de mans de Mariano Abizanda, fillo do fundador.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Pequena biografía e fotografía Ficha no Congreso dos Deputados
Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1850 Categoría:Finados en 1935 Categoría:Avogados de Ferrol Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos