miniatura|261x261px|Un outeiro en Irlanda. Un outeiro (do latín altarium, "parte alta ou elevación do terreo"), tamén chamado lomba, é unha pequena elevación de terreo illada e de pouca extensión.

Formación Pode ter diversas orixes: erosión de accidentes orográficos máis grandes, fallas, erosión fluvial ou glaciar. Incluso poden ter a súa orixe na actividade humana.

Sinónimos O dicionario da Real Academia Galega recolle outros sinónimos como castrelo, cerro, colado, cuíña, lombeiro, montículo, penela, penelo, touticeira e toutizo. Asemade, 'penela' tamén aparece como sinónimo de elevacións menores, tal como cotarelo ou picouto e noutros dicionarios aparece morro como sinónimo de outeiro.

Dicionarios de galego reintegracionista e de portugués recollen tamén os termos 'outeiro', 'lomba', 'morro' e demais, cun significado similar, pero segundo a zona poden variar e ter diversos usos. No sur de Portugal, 'outeiro' acostuma ser unha elevación pequena, mentres en Minho e Trás-os-Montes pode indicar unha elevación máis pronunciada na paisaxe. No Brasil, 'morro' e 'outeiro' tamén se utilizan para referirse a elevacións pequenas en zonas urbanas e rurais, e ás veces como sinónimo de favela.No contexto urbano, especialmente en cidades como Río de Xaneiro, "outeiro", e especialmente "morro", é asociado coas favelas, xa que moitas delas se formaron en outeiros ao redor dos núcleos urbanos. Non obstante, non todos os montes teñen favelas, e non todas as favelas están situadas en montes.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Montaña. Tor (xeomorfoloxía)

Categoría:Xeografía