Juan Rico González, nado en Ferrol en 1895 e finado en Pontevedra o 12 de novembro de 1936, foi un militar galego.
Traxectoria miniatura|dereita|200px|Placa en Pontevedra en memoria dos fusilados o 12 de novembro de 1936. Capitán de Infantaría, mandaba a 31ª Compañía do Corpo de Seguridade e Asalto en Pontevedra. O 16 de xullo de 1936 propúxolle ao gobernador civil Gonzalo Acosta Pan a detención dos xefes militares e dos elementos civís que conspiraban con eles. O gobernador non fixo caso das súas advertencias e enviouno o día 17 a Vigo, onde o Capitán tiña desprazada unha sección das súas forzas. Rico regresou a Pontevedra o 18 e púxose en contacto coa Fronte Popular. Convocouse unha reunión das mocidades Socialistas Unificadas e dos partidos de esquerda. Rico arengounos e proporcionoulles as armas da garda municipal e as sobrantes do cuartel de Asalto. Desautorizado polo Gobernador, o capitán interveu as comunicacións telefónicas.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e xulgado en consello de guerra sumarísimo o 1 de novembro. Condenado a morte, foi fusilado na estrada de Campañó o 12 de novembro de 1936.El Pueblo Gallego, 13-11-1936, p. 6. Notas
Véxase tamén Bibliografía Xosé Álvarez Castro (2013). Pontevedra nos anos do medo. Golpe militar e represión (1936-1939). Xerais.
Ligazóns externas Xosé Álvarez Castro: "O 20 de xullo de 1936 en Pontevedra: o golpe (2)" 22/6/2008.
Categoría:Militares de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1895 Categoría:Fusilados Categoría:Finados en 1936