Kosmos 261 (Космос 261 en ruso), tamén denominado DS-U2-GK Nº 1, foi un satélite artificial soviético lanzado o 20 de decembro de 1968 mediante un foguete Kosmos 2I desde o cosmódromo de Plesetsk.
Características Kosmos 261 foi o primeiro membro do modelo de satélites DS-U2-GK. Estaba adicado a facer observacións xeofísicas da atmosfera superior e á observación das auroras polares, labor continuada polo seu sucesor, Kosmos 348. Kosmos 261 foi inxectado nunha órbita inicial de 670 km de apoxeo e 217 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 71 graos e un período de 93,0 minutos. Reentrou na atmosfera o 12 de febreiro de 1969.
Resultados Kosmos 261 obtivo o espectro de electróns na parte interior do cinto de Van Allen e medíu a distribución angular de partículas ó longo da súa órbita.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Kosmos 348 DS-U2-GK
Categoría:Satélites Kosmos Categoría:DS-U2-GK