Evan Mehdi Fournier, nado o 29 de outubro de 1992 en Saint-Maurice (Val do Marne, Illa de Francia), é un xogador profesional de baloncesto francés que xoga nos Detroit Pistons da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria No ano 2009, Fournier fichou polo JSF Nanterre da LNB Pro B para a tempada 2009-10. En 2010, fichou polo Poitiers Basket 86 da LNB Pro A, onde xogou as dúas seguintes tempadas. O 28 de xuño de 2012, Fournier foi elixido na 20ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Denver Nuggets. Disputou a Liga de Verán da NBA de 2012 cos Nuggets, onde xogou 5 partidos nos que acadou 14.8 puntos, 2.4 rebotes, 1.4 asistencias e 1.2 roubos de balón en 31.2 minutos por encontro.

O 11 de xullo de 2012, asinou un contrato multianual cos Nuggets.Denver Nuggets sign first-round draft pick Evan Fournier En 2013, xogou de novo a Liga de Verán cos Nuggets. O 26 de xuño de 2014, Fournier foi traspasado, xunto ós dereitos do Draft de Roy Devyn Marble, ós Orlando Magic, a cambio de Arron Afflalo.Magic Trade Afflalo; Acquire Fournier and Marble

O 25 de marzo de 2021, Fournier foi traspasado ós Boston Celtics a cambio de Jeff Teague e dúas futuras eleccións da segunda rolda do Draft.

O 17 de agosto de 2021, Fournier asinou cos New York Knicks.

O 8 de febreiro de 2024, os Knicks traspasaron xunto a Ryan Arcidiacono, Malachi Flynn, Quentin Grimes e dúas futuras eleccións da segunda rolda do Draft ós Detroit Pistons, a cambio de Bojan Bogdanović e Alec Burks.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Perfil en lnb.fr Perfil en draftexpress.com

Categoría:Nados en 1992 Categoría:Nados no departamento do Val do Marne Categoría:Xogadores de baloncesto olímpicos de Francia Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Denver Nuggets Categoría:Xogadores do JSF Nanterre Categoría:Xogadores do Poitiers Basket 86 Categoría:Xogadores dos Denver Nuggets Categoría:Xogadores dos Orlando Magic Categoría:Xogadores dos Boston Celtics Categoría:Xogadores dos New York Knicks Categoría:Xogadores dos Detroit Pistons Categoría:Medallistas olímpicos de prata por Francia Categoría:Medallistas olímpicos en baloncesto Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2020 Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2020 Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2024 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2024