A ponte dos Santos, inaugurada o 29 de xullo de 1987, cruza a ría de Ribadeo, unindo Asturias e Galicia pola costa. Inicialmente foi construída para soportar a amplitude dunha estrada normal, pero no 2008 foi inaugurada (1 de outubro de 2008) a ampliación que consistiu en adecuala para un desdobramento de calzada para soportar o paso dunha autovía (A-8).miniatura|Secuencia de luces en dous faros da ría de Ribadeo: un na ponte dos Santos, á nosa esquerda e máis próximo, e outro ó comezo da enseada de Arnao (Asturias), ó fondo, a nosa dereita.
Recibe o nome polas dúas capelas que ten a ría a cada beira, a de San Román nas Figueiras (Castropol) e a de San Miguel en Ribadeo.
A actividade marítima viuse variada pola construción da ponte dos Santos, afectando á reconversión das lanchas de pasaxe para paseos turísticos ou limitando a altura dos navíos construídos nos estaleiros.
Homenaxes O 4 de maio de 2013 Correos emitiu un selo cun valor facial de dous euros coa imaxe da ponteSello da Ponte dos Santos sobre a ría de Ribadeo . ribadeando.blogspot.com.es.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Puente de los Santos - Structurae
Categoría:Ribadeo Santos Santos