miniatura|Forma de indicar a tesitura do clarinete soprano en Si b.
En música, o termo tesitura (do italiano tessitura) fai referencia á zona da extensión de sons de frecuencia determinada que é capaz de emitir unha voz humana, ou un instrumento musical. Adóitase indicar sinalando o intervalo de notas comprendido entre a nota máis grave e a máis aguda que un determinado instrumento ou voz é capaz de emitir.
Tamén pode estar referido especificamente á parte da voz dun cantante na que se produce a mellor calidade sonora e un timbre máis adecuado.
A tesitura no canto Frecuentemente, na voz humana distínguese entre a tesitura e a extensión vocal. A extensión vocal, é dicir, a extensión sonora da voz, é o marco de frecuencias realizables, sen considerar volume e calidade do son. En voces sas, comunmente é de dúas oitavas ou máis. O termo tesitura úsase para denominar á parte da extensión vocal na cal se poden realizar sons controlables e utilizables musicalmente.
As características para definir a tesitura dunha voz son:
Un bo timbre; Un volume considerable; Un vibrato igualado; A posibilidade dun mezza di voce (colocar a voz; it); A posibilidade de axilidade e coloratura.
As tesituras de cantantes profesionais en ópera deben ser de dúas oitavas ou máis; en tenores un pouco menos de dúas oitavas. Dentro das voces chamadas guturais, tan usadas no black metal e outros estilos, atópanse notas non alcanzables pola voz humana normal. Segundo Peter-Michael Fischer, a tesitura do cantante comeza unha cuarta xusta (cinco semitóns) por encima da súa nota máis grave posible (o seu «cero fónico») e chega ata unha cuarta por baixo da nota máis aguda da voz («límite fónico»).
Para clasificar voces para o uso coral, distínguense catro grupos principais, cuxa tesitura é menor que dúas oitavas, para poder incluír voces menos preparadas:
Soprano: de do4 a do6; Contralto: de mi3 a mi5; Tenor: de do3 a do5; Baixo: de mi2 a mi4.
Notas
Ligazóns externas
Categoría:Terminoloxía musical Categoría:Canto