Zabano (morto despois de 584) foi un nobre longobardo que foi duque de Pavia durante o Período dos duques (do 574 ao 584).

Traxectoria Como comandante militar viuse envolto na invasión longobarda do norte de Italia en 568, baixo o liderado do rei Alboíno, Zabano convértese en dux (duque) da cidade de Ticinum (Pavia).Paulo Diácono, Historia Langobardorum, II, 32. Xa capital do Reino Longobardo, tras a morte do rei Cleph, Pavia quedou como centro dun gran ducado, un dos trinta e cinco nos que estaba dividido o estado dos longobardos.

No 575, Zabano guiou unha razzia no val do Ródano.Paulo Diácono, Historia Langobardorum, III, 8. Notas

Véxase tamén Bibliografía Paulo Diácono, Historia Langobardorum. Capo, Lidia (1992): Paolo Diacono, Storia dei Longobardi. Lorenzo Valla/Mondadori. Milán. ISBN 8804330104 Hodkin,Thomas(1895): Italy and her Invaders.Clarendon Press. Jarnut, Jörg (2002): Storia dei Longobardi. Einaudi. Turín. ISBN 8846440854. Rovagnati, Sergio (2003): I Longobardi. Xenia. Milán. ISBN 8872734843.

Categoría:Duques de Pavia