A Televisión Universidad de Concepción (TVU) é unha canle de televisión rexional en Chile que ofrece programación en castelán. Foi inaugurada o 4 de abril de 1997, e ten a súa sede na cidade de Concepción. O propietario é o holding Octava Comunicaciones S.A. da Universidade de Concepción. A cobertura do seu sinal abrangue as rexións de Biobío, Araucanía, Los Ríos, Los Lagos e Metropolitana a través dos operadores de cable e televisión como VTR, Mundo Pacífico, Telefónica del Sur e GTD Manquehue.

Descrición O contido deste sinal de TV busca o desenvolvemento integral das comunidades dentro da zona de cobertura. A programación ten o seu foco na reflexión, estudo e recreación, procurando estimular e maximizar o benestar material fronte ao espiritual. O pensamento ten orixe nunha frase de Enrique Molina, un dos fundadores da Universidade de Concepción: Sin verdad y esfuerzo no existe progreso.

Slogans Os slogans en castelán segundo a cronoloxía desde 1997 ata 2007 son: 1997 - 2001: Junto a usted cada día 2001 - 2003: La nueva imágen del sur 2004: ¡Ese es mi canal! 2005 - 2007: Te sorprende

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial de TVU

Categoría:Cadeas de televisión de Chile