Interkosmos 5 (Интеркосмос 5 en ruso), tamén denominado DS-U2-IK Nº 2, foi un satélite artificial soviético lanzado o 2 de decembro de 1971 mediante un foguete Kosmos 2I desde a base de Kapustin Yar.

Características Interkosmos 5 foi o segundo membro da serie de satélites DS-U2-IK e estaba adicado ó estudo da ionosfera terrestre. A bordo levaba instrumentos soviéticos e checos para medi-la composición e variación temporal dos fluxos de partículas cargadas e para medi-lo espectro das ondas electromagnéticas de baixa frecuencia, entre 20 e 70 kHz. O satélite foi seguido por estacións terrestres situadas tanto na Unión Soviética como en Checoslovaquia e na República Democrática Alemá.

Interkosmos 5 estaba enmarcado dentro do programa de colaboración internacional Interkosmos entre a Unión Soviética e outros países. Foi inxectado nunha órbita inicial de 1200 km de apoxeo e 205 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 48,4 graos e un período de 98,5 minutos. Reentrou na atmosfera o 7 de abril de 1972.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos DS-U2-IK Interkosmos 3 Interkosmos 9 Interkosmos 10 Interkosmos 12 Interkosmos 13 Interkosmos 14

Categoría:Satélites Interkosmos Categoría:DS-U2-IK