Fun Trick Noisemaker é o álbum de estrea da banda estadounidense de indie rock The Apples in Stereo, editado o 2 de maio de 1995. Foi gravada nunha casa dos Ánxeles, co estudio portátil Pet Sounds Studio de Robert Schneider. O álbum é talvez a gravación máis crúa do grupo, sendo eclipsados os valores lo-fi das gravacións nos seguintes traballos. Trátase dun dos traballos máis gabados pola crítica de The Apples in Stereo.

A versión xaponesa de Fun Trick Noisemaker contén as cancións extra "Shine (In Your Mind)" e "Thank You Very Much". Eses temas poden atoparse en formato mp3 na páxina web de Elephant 6. Posteriormente foron incluídas no recompilatorio de rarezas e caras-b do 2008 Electronic Projects for Musicians.

Listaxe de cancións

Categoría:Álbums de The Apples in Stereo Categoría:Álbums musicais de 1995 Categoría:Álbums de estrea