O Järvenpään Haukat é un equipo de hóckey sobre xeo da localidade de Järvenpää (Finlandia). Foi fundado en 1979 e actualmente compite na II-divisioona, a cuarta categoría do hóckey sobre xeo finés, aínda que xogou na segunda categoría, a Mestis, dende a tempada inaugural ata a tempada 2005-06, cando rematou na derradeira praza da liga regular e descendeu á terceira categoría. Xoga os seus partidos como local no ST1-areena, un pavillón con capacidade para 1.312 espectadores.

Xogadores Xogadores destacados Kimmo Kuhta Tero Leinonen Matias Loppi Patrik Lostedt Miikka Männikkö Samuli Piiroinen Kimmo Pikkarainen Jermu Porthen Riku Rahikainen Sami Ryhänen Mikko Strömberg Jaakko Suomalainen Jaska Vilen

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web oficial

Haukat