Saturnino Aller Rodríguez, nado en San Vicenzo de Aro (Negreira) o 16 de outubro de 1853Partida bautismal e finado en Ordes o 30 de abril de 1923,Necrolóxica en El Ideal Gallego, 1-5-1923, p. 2. foi un avogado e político galego.
Traxectoria Fillo de Juan Aller Carro, do Pazo da Casa da Vila en Castro (Mesía). Foi secretario de concello. Foi elixido deputado polo distrito de Ordes nas eleccións de 1905. Foi deputado provincial e presidente da Deputación da Coruña (1915-1919).
Recoñecementos A corporación de Ordes púxolle en 1923 o nome de Avenida Saturnino Aller á vía que vai desde O Recreo ata o cruzamento principal, que despois do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 recibiu o nome de Avenida José Antonio.
Vida persoal Era irmán de Domingo Enrique Aller Rodríguez e tío de Ramón María Aller Ulloa e Jesús Aller Ulloa, os seus herdeiros.
Notas
Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Presidentes da Deputación da Coruña Categoría:Nados en Negreira Categoría:Nados en 1853
Categoría:Finados en 1923
Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos