Xosé Luís de Toro Santos, máis coñecido como Xelís de Toro, nado en Santiago de Compostela o 9 de outubro de 1962, é un escritor e artista multimedia.

Traxectoria O seu pai é de Formariz (provincia de Zamora) e a súa nai de Falapaso (Camboño, Lousame). Seu irmán, Suso de Toro, tamén é escritor.

É licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi lector de galego nas universidades de Birmingham (1991-93) e Oxford (1993-97). En 1990 fundou Edicións Positivas xunto con Paco Macías. Foi cantante do grupo Os Quinindiolas. Realizou performances multimedia con Terminal e O buscapeixe. Foi colaborador habitual de Vieiros e reside en Inglaterra, onde traballa como editor internacional freelance. Forma parte do proxecto Laboratoro, que mestura música improvisada, poesía e movemento.

Obras Narrativa Seis cordas e un corazón (1989). Vigo: Xerais, publicada baixo o pseudónimo de Roque Morteiro). Non hai misericordia (1990) Vigo: Xerais. Terminal (1994). Santiago: Positivas. 165 pax. ISBN 978-8487783272. Os saltimbanquis no paraíso (2000) Santiago: Sotelo Blanco. Riofero (2009). Vigo: Xerais. 248 pax. ISBN 978-84-9782-947-2Riofero. Etceteramente (2022). Vigo: Xerais. 496 páxs. ISBN 978-84-1110-227-8.

Poesía miniatura|Presentando Etceteramente na Libraría Paz de Pontevedra en 2023 con Carlos Lema.The book of invisible bridges/O libro das pontes invisibles (2012, Pighog press, en edición bilingüe inglés-galego).

Literatura infanto-xuvenil Paco Peco Pequeneiro e o lagarteiro miope (1997 Sotelo Blanco).Reeditado en 2021 por Xerais, col. Merlín. Ilustracións de Titimoky. 40 páxs. ISBN 978-84-9121-908-8. ePub: ISBN 978-84-9121-920-0. En Xerais, 2021, ISBN 978-84-9121-908-8. A porta dourada (1998, Sotelo Blanco). O neno perdido (1998, Xerais). Con ilustracións de Francisco Bueno Capeáns. O trompetista e a lúa (1999, Rodeira). Foi traducido ao castelán e ao catalán. Paco pequeneiro e o mundo do revés (2000, Sotelo Blanco). The Corunna boats (2004, Xerais). A máquina contacontos (2004, Rodeira). Foi traducida ao castelán. Unha chuvia de meteoritos (2008, Sotelo Blanco). Concurso de Pacos (2008, Sotelo Blanco). O mago Orlando (2008, Sotelo Blanco). O marciano azul (2008, Sotelo Blanco). O robot que toleou (2008, Sotelo Blanco). O xenio xenial (2008, Sotelo Blanco). O gato fantasma (2013, Xerais). O trompetista e a Lúa (2015), (3ª ed.), Xerais, 72 páx. ISBN 978-84-9914-848-9. A porta dourada (2018), Xerais, 152 páx. ISBN 978-84-9121-416-8. A zapateira mecánica (2026). Vigo: Xerais. Ilustracións de Jorge Lei. 80 páxs. ISBN 978-84-1110-783-9. ePub: ISBN 978-84-1110-790-7.

Obras colectivas Berra liberdade (1996, Galaxia). Longa lingua (2002, Xerais). From the beginning of the sea (De onde comeza o mar) (2008, Foreign Demand). O segredo da lanterna verde (2009, Xunta de Galicia). Con Mar Guerra, Elvira Riveiro e Antón Fortes Torres.

Premios Premio de narrativa Cidade de Lugo no 1990, por Non hai misericordia. Premio Compostela Cultural por Seis cordas e un corazón. Premio San Clemente á mellor novela no 2000, por Os saltimbanquis no paraíso.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha de autoren Xerais Páxina de Laboratoro

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1962 Categoría:Escritores de literatura infantil de Galicia Categoría:Galegos do Reino Unido