As glándulas de Bartholin ou glándulas vestibulares maiores son dúas glándulas do aparato reprodutor feminino situadas a esquerda e dereita do orificio vaxinal lixeiramente posteriores a el. Producen unha secreción mucosa que lubrica a vaxina (probablemente só a zona externa que rodea o orificio vaxinal). Son homólogas embrioloxicamente ás glándulas bulbouretrais ou de Cowper dos machos. Porén, as glándulas de Bartholin están situadas na bolsa perineal superficial, mentres que as glándulas bulbouretrais masculinas están situadas na bolsa perineal profunda.
Función A súa función é segregar mucus para proporcionar lubricación vaxinal. As glándulas de Bartholin segregan cantidades relativamente pequenas (unha ou dús pingas) de fluído cando unha muller está sexualmente excitada. e no coito. Estas pequenas gotas consideráronse tradicionalmente como importantes para a lubricación vaxinal, pero as investigacións máis recentes feitas por William H. Masters e Virginia E. Johnson demonstraron que a lubricación vaxinal procede de partes máis profundas da vaxina. O fluído pode humedecer lixeiramente a abertura labial da vaxina, facendo que o contacto con esta área tan sensible sexa máis confortable para a muller.
Histoloxía As glándulas de Bartholin son glándulas secretoras formadas por epitelio cilíndrico simple. En medio destas células epiteliais hai células caliciformes produtoras de mucus.Manual de histología de la universidad de Antofagasta para medicina O conduto excretor, que termina no orificio vulvar, está revestido de epitelio plano estratificado.
Patoloxía Aínda que é pouco usual, é posible que as glándulas de Bartholin se irriten ou infecten, producindo dor. Se o conduto queda obstruído, pode formarse un quiste de Bartholin, e este pode infectarse orixinando un absceso. A inflamación das glándulas de Bartholin denomínase bartolinite.
O adenocarcinoma da glándula é raro, e os tumores benignos e hiperplasia son aínda máis raros.
Epónimo As glándulas de Bartholin denomínanse así porque as describiu por primeira vez no século XVII o anatomista danés Caspar Bartholin o novo (1655–1738).WhoNamedIt - synd - 3320 Bartholin's gland Algunhas fontes adxudican erroneamente o descubrimento ao seu avó, o teólogo e anatomista Caspar Bartholin o vello (1585–1629).C. C. Gillispie (ed.): Dictionary of Scientific Biography, New York 1970. Ver o artigo sobre Thomas Bartholin. Nos textos antigos usábase o nome latinizado como Bartholinus, de onde procede Bartolino (glándulas de Bartolino), que é outra denominación que se lle deu a estas glándulas.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Glándula de Skene Lubricación vaxinal
Ligazóns externas SUNYAnatomyLabs|41|11|02|00 —"O perineo feminino: Músculos da bolsa perineal superficial" SUNYAnatomyImage|9|2|43 SUNYAnatomyImage|9|6|94 —abertura eMedicineDictionary|greater+vestibular+gland
Categoría:Aparato reprodutor feminino Categoría:Órganos sexuais Categoría:Glándulas exócrinas