Ramón Evaristo Castromil Ventureira, nado en Santiago de Compostela o 11 de setembro de 1930 e finado na mesma vila o 19 de abril de 2022, foi un empresario, pianista e político galego.
Traxectoria Licenciado en Dereito en 1954, realizou estudos musicais en Santiago de Compostela e no Conservatorio de Música de Madrid. Continuou a súa formación pianística en París, na École Normale de Musique. Foi discípulo de Carlo Zecchi en Roma e de Guido Agosti en Siena, e deu concertos. Docente no Conservatorio de Santiago de Compostela, actuou como solista en orquestras españolas e europeas. En 1969 foi designado presidente da empresa Castromil trala morte do seu avó, Evaristo Castromil. Baixo a súa dirección a empresa experimentou unha expansión e modernización. Preocupado pola galeguización do mundo empresarial, desenvolveu iniciativas na súa empresa (publicación da colección Contos do Castromil e bautizo dos autobuses da frota Castromil con nomes de persoeiros galegos do mundo da cultura) e no marco da Fundación Galicia-Empresa, da que foi presidente.
Foi elixido deputado por Alianza Popular nas primeiras eleccións ao Parlamento de Galicia (1981-1985) e durante eses anos foi secretario xeral deste partido en Galicia. Foi vicepresidente do Consello da Cultura Galega, coordinou o relatorio de Música e Artes Escénicas e dirixiu o programa do Arquivo Sonoro de Galicia. Académico numerario da Real Academia de Belas Artes de Galicia dende 1992.
Recoñecementos Premio Pedrón de Ouro en 1992 Premio San Martiño de nomalización lingüística en 1992 no Concello da Estrada. Premio da Crítica Galicia, no apartado de iniciativas culturais, en 1993. Premio das Letras e das Artes de Galicia en 2005.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
17px Galegos Televisión de Galicia, 7/6/2014.
Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia por AP Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1930 Categoría:Finados en 2022 Categoría:Membros da Real Academia Galega de Belas Artes Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Deputados da I Lexislatura do Parlamento de Galicia