300px|miniatura|Distribución aproximada por frecuencias en cada concello dos topónimos rematados en obre (datos da versión inicial do Nomenclátor). En Galicia, especialmente no Golfo Ártabro e no Val do Ulla, existe un grupo de topónimos rematados en -obre. Segundo Moralejo, están son continuacións medievais e modernas (en -bre, -be, -ve) de formas antigas en -bris. Están relacionadas xa que logo as terminacións -briga (v. Nemetobriga ou Brigantium), -brix, -bris, -bria e -bre (precedido de vogal: -abre, -ebre, -ibre, -obre e -ubre; ou consoante, i.e. -mbre).

Listaxe non exhaustiva 300px|miniatura|Distribución por localidades. 300px|miniatura|Ampliación na zona de distribución predominante]). Nome actual Concello(s) Alcobre Vila de Cruces Añobre Vila de Cruces, Miño, Guitiriz, Arteixo Añobres Muxía Anzobre Arteixo Baiobre Arzúa e Touro Bañobre Guitiriz, Miño, Monfero, San Sadurniño Barallobre Betanzos, Fene, Friol Callobre Brión, A Estrada, Fene, Miño, Ortigueira, Oza Cesuras, Paderne Canzobre Arteixo Cillobre Culleredo, A Laracha, Touro Fiobre Bergondo Illobre Betanzos, Boqueixón, Vedra Iñobre Rianxo Ixobre Ares Laxobre Arteixo Maiobre Ares (O) Obre Noia, Paderne Pantiñobre Arzúa Pezobre Santiso Pezobrés Santiso Rañobre Arteixo Sillobre Fene Tallobre Negueira de Muñiz Tiobre Betanzos Xobre A Pobra do Caramiñal

Fóra de Galicia Esta etimoloxía podería non circunscribirse exclusivamente a Galicia: non se poden descartar os posibles Cobre en Asturias ou Dobres en Cantabria e Corte de Cobres, concello de Mértola, distrito de Beja, Portugal. Con todo, é improbable dada a concentración xa non en Galicia, senón en determinadas áreas interiores, e toda hipótese debe confirmarse con documentación medieval.

Outras terminacións relacionadas Existen outras formas evolucionadas por metátese ou disimilación. Ademais, o betacismo permitiu a variación ortográfica.

ove Outros sospeitosos son os rematados en -ove, que en Galicia son: O Grove (< O Grobe < Ogrobe < Ogobre < Ocobre) Guiove, Landrove, Montrove (< Montobre) e Tragove (en Corvillón, Cambados). Tamén aparecen: Castrove (< Castrobre) No entanto, non se incluirían Ove (de Euve) ou Xove (de [Villa] Iovii).

obe Cortobe Trobe (< Talobre)

Falsos positivos Existen outros topónimos con esa cadea fonética, pero que non están relacionados coa mesma etimoloxía: Cobres ou aqueles coas palabras nobre, pobre, cobre (O Cobre en Ames, Cobres en Vilaboa), sobre- (de suber, "sobreira" ou de super, "posición superior"), robre (de robur, "carballo") e salobre (de "auga pouco salgada") Sansobre, en Vimianzo

Véxase tamén Bibliografía Moralejo Álvarez, Juan José (2003). "Cambre, Pambre e outros topónimos en -bre" Revista Galega de Filoloxía, 4: pp. 97-112. .

Outros artigos Topónimos célticos en Galicia Topónimos xermánicos en Galicia Áreas lingüísticas do galego

Ligazóns externas ine.es

Categoría:Xeografía de Galicia