We Care a Lot é o álbum de estrea da banda estadounidense de rock Faith No More, editado no ano 1985 a través do selo Mordam Records. na edición orixinal en vinilo a banda aparece acreditada como "Faith. No More" no libreto e no propio disco.

Produción A banda inicalmente comezou a gravación do álbum sen o apoio dun selo discográfico e, despois de xuntar cartos, gravou cinco cancións. Con elas conseguiron gañar a atención de Ruth Schwartz, que estaba creando o selo independente Mordam Records, fichando por el e rematando o álbum tras recibir financiamento. Foi o primeiro lanzamento oficial tanto do grupo como da discográfica.

O álbum gravouse nun curto período de tempo cun presuposto moi baixo. Nunha entrevista en 2015 o baixista Billy Gould dixo, "Probablemente hai cousas que puidemos facer mellor, pero ao mesmo tempo penso que as interpretacións foron bastante boas. E iso tiña que ver con manternos concentrados e ter que traballar con esas restricións orzamentarias. Ensaiamos moitísimo antes de ir gravar, así que estabamos preparados".

Listaxe de cancións

Notas

Categoría:Álbums de Faith No More Categoría:Álbums musicais de 1985 Categoría:Álbums de estrea Categoría:Álbums de Mordam Records